A Feira do Libro de Ferrol, na súa recta final

Xulia Marques  e Sandra García Gutierrez. na Feira do Libro de Ferrol.
Xulia Marques e Sandra García Gutierrez. na Feira do Libro de Ferrol.

A XXIV Feira do Libro de Ferrol e a súa VI Festa da Lectura, do Libro e da Palabra permanece na Praza da Constitución, no Cantón de Molíns, ata mañá martes 23 de abril.

Os postos permanecerán abertos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00.

Na libraría Nobel, de momento, a obra máis vendida é Las lágrimas de San Lorenzo, de Julio Llamazares; na Cartabón destaca Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full; en Librería Cortizas salientan El Ferrolano, de Guillermo Fernández; Europesadilla, de Aleix Saló, é o máis vendido en Metrópolis Cómics; e, por parte de Central Librerías, destacan as vendas de Crímenes exquisitos, de Vicente Garrido.

Ademáis, Peppa Pig volve estar entre o máis solicitado para os lectores máis novos.

A Feira de Ferrol é a primeira das 11 que conforman neste 2013 o calendario oficial de feiras do libro novo que organiza a Federación de Libreiros de Galicia. Esta mesma semana chegará a quenda para Santiago de Compostela, do 27 de abril ao 5 de maio; Lugo, entre o 14 e o 19 de maio; Pontevedra, do 21 ao 26 de maio; Ourense, do 4 ao 9 de xuño; Vigo, entre o 28 de xuño e máis o 7 de xullo; A Coruña, do 1 ao 11 de agosto; Viveiro, entre o 13 e o 16 de agosto; Foz, do 17 ao 20 de agosto; Monforte de Lemos, entre o 21 e o 24 de agosto; e a última parada será en Rianxo, do 25 ao 28 de agosto.

Cada unha delas contará cos distintos postos dos libreiros e un abano de actividades abertas ao público e pensadas para as distintas idades; co obxectivo de dinamizar e animar á lectura.

A Federación de Libreiros de Galicia, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza esta xeira de feiras. O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña colaboran coa primeira das súas citas. Tamén cómpre salientar a colaboración do Real Coro Toxos e Froles, do Centro Ocupacional ASPENAPES e máis do Conservatorio de Música Xan Viaño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar