Lazos negros en homenaxe as vítimas de Boston na Maratón Coruña

Segunda edición do Maratón Coruña 42 celebrada este domingo, cun nivel destacado principalmente na proba Lazos negros en las camisetas de los corredoresmasculina, nun gran circuíto e no que por fin a climatoloxía quixo acompañar a todos os atletas participantes.

Ademáis, os participantes portaban un lazo negro, coma homenaxe as vítimas do pasado atentado na maratón de Boston.

Maraton A CoruñaNunha mesma proba uníase o Campionato de España de Maratón e Campionato Galego.O dominador da proba foi o segoviano Javier Guerra cruzando a meta en 2.12.21 que supón o billete para Moscú e o título de Campión de España, en segundo lugar un sensacional Pedro Nimo que de novo demostrou a súa clase e calidade proclamándose subcampión de España e Campión Galego con 2.14.55 e terceiro o malagueño Javier Diaz con 2.18.20. O podio galego completárono Elias Dominguez con 2.22.47 sexto da xeral, e José Antonio Ramallo con 2.30.38.

María Gestido logrou marca persoal e demostrou que aínda pode baixar o rexistro realizado esta mañá en terras coruñesas, sufrindo os últimos 5 quilómetros e arroupada por todo o atletismo galego vencía con 2.40.23, sendo segunda Cristina Loeda con 2.55.06 e terceira Marlene Lopes con 3.07.16. O podio galego completábase con Teresa Corral e Maria Montserrat Fernández.

RESULTADOS ‘AQUÍ’

REPORTAXE FOTOGRÁFICA ‘AQUÍ’

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar