Alonso Montero anuncia que será “esixente” coa Xunta

Xesús Alonso Montero_RAG_recen elixido_200413

O recén elixido presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, avanzou que durante o seu mandato será “esixente” co Goberno galego no tocante ás reivindicacións para a Academia, pero cre que pode ter unha boa relación co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e chegar a entendemento. Dixóo no transcurso dunha entrevista na Radio Galega.

“Imaxínese que eu fose presidente cunha Xunta de Galicia que presidise un herdeiro de Lenin. Pois eu tería moi boa relación con ese presidente, pero non a vou ter menor co señor Feijóo, por unha razón, porque eu non son presidente pola miña condición de marxista, eu son presidente pola miña condición de filólogo, de estudoso da filoloxía galega, comprometido co meu punto de vista, coa causa da lingua galega”, afirmou Alonso Montero.

Ao respecto, mostrouse “convencido” de que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, farán “os esforzos que estean na súa man” neste sentido, “ben entendido que as arcas públicas non teñen moito diñeiro”.

Nesta liña, remarcou que a Xunta “ten a obriga de velar pola Real Academia Galega”, por “un ben público que se chama o idioma galego”.

“Imos tratar de ser esixentes”, augurou Montero sobre esta nova etapa e “pedichones”, para “botar un pulso no bo sentido, tratando con respecto ao Goberno e recibindo respecto”.

PRESUPOSTOS INSUFICIENTES

E é que coincide co seu antecesor no cargo Xosé Luis Méndez Ferrín que os presupostos da RAG “non son” suficientes, polo que se buscará que o Estado, Xunta e outras institucións “traten de poñer á altura” dun “servizo público como a lingua galega”.

“Quero que as relacións con todo o mundo, pero especialmente coa Xunta de Galicia, sexan boas”, proseguiu sobre esta cuestión.

FELICITACIÓN DE VÁZQUEZ

Así, destacou que o sábado recibiu a felicitación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, co que ten “unha relación persoal dende hai bastante tempo bastante boa”.

“Despois de felicitarme con moita cordialidade, cousa que lle agradezo, díxome que el sabe moi ben que a Academia ten que ser independente e que aquí estamos nós, el supoño que falaba en nome da Xunta de Galicia, como é procedente en quen ten a titularidad desa Consellería, en que estamos abertos para falar, porque falando se entende a xente”, explicou.

CONTRATACIÓNS “IMPARCIAIS”

Preguntado pola política de contratación na RAG, despois de que Méndez Ferrín dimitise no medio dunha polémica sobre supostas contratacións irregulares, Montero recalcou: “Nós imos ter unha política nese aspecto concreto distinta”.

Nesta liña, remitiuse ao programa presentado polo outro candidato a presidir a Academia, Manuel González, que “do primeiro que falaba no seu programa era de transparencia” porque “el entendía que chegou a hora” de que a Academia fose “verdadeiramente transparente”.

Por iso avogou por un “criterio obxectivo, imparcial e igualitario” para as contratacións na Real Academia Galega.

“Non sei se algún día haberá que precisar cál é o perfil profesional, administrativo de cada un dos empregados, pero tampouco nestes momentos imos facer unha cazaría de bruxas”, apostilou.

Ademais, defendeu que “os familiares de académicos nunha oferta legal de emprego público teñen dereito a ser empregados igual que os que non son familiares”; e tamén indicou que os traballadores que están dende a lexislatura “anterior á última” foron “empregados cos criterios cos que foron empregados outras persoas que non eran as familiares”

Sobre a etapa de Méndez Ferrín que agora se pecha, Alonso Montero recoñeceu que os dous últimos plenos foron “un pouco tensos” por “observacións críticas a algún comportamento administrativo”, que “non pasaron de irregularidades, que non é un eufemismo”.

Isto atribuíuno a “comportamentos, na práctica, da política de emprego que quizais non sempre eran os máis acertados” e “isto é o que ocasionou a dimisión de Méndez Ferrín e a tensión”

UN  COCHE POLÉMICO

Por outra banda, dixo “non saber” o que vai pasar co Audi que a Xunta cedeu á RAG para o seu uso, e sinalou que el viaxará “en tren ou taxi”, e o ha jutificado porque, “entre outras razóns, é moito máis económico para a Academia”.

Ao respecto, apuntou que non van entrar “así polas boas” na Academia, polo que espera que o equipo anterior lle informe para “falar de moitas cuestións” administrativas “non só filolóxicas” e “un dos capítulos é o famoso Audi” que considera “xustamente polémico”.

Nesta liña, asegurou ter “conciencia clara””do que é ser austero” porque pasou fame de pequeno e é fillo de “xente humilde”.

O RECURSO

No tocante á situación do recurso presentado pola RAG contra o decreto do plurilingüismo, deixou claro que “se”van levar adiante todas as decisións que estaban acordadas nas actas dos plenarios anteriores”.

“Nós non vimos para reescribir a historia, senón para continuar a historia”, explicou Alonso Montero para recalcar que a RAG seguirá adiante co recurso.

NORMATIVA ORTOGRÁFICA

Noutra orde de cousas, Alonso Montero asegurou que “non é partidario das modificacións da última normativa” ortográfica da lingua galega, e le “gustaría” que “se volvese no esencial á normativa anterior”. “Tamén se o negativo que é para os usuarios novos”, admitiu.

Por iso, os seus “entusiasmos” “nos primeiros momentos” desta lexislatura “non irán por ese lado”. “Non é nin moito menos prioritario tocarlle un pelo da roupa á actual normativa”, sinalou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar