Traballadores do naval cortan o tráfico en Ferrol con barricadas

Corte tráfico naval Ferrol_lume_PORTADA

Uns 2.000 traballadores de Navantia Ferrol e de empresas auxiliares cortaron o tráfico na Avenida de Esteiro con barricadas de pneumáticos ardendo nunha nova manifestación para reclamar carga de traballo para un sector “que destruíu 2.200 empregos” ante a falta de ocupación.

A manifestación comezou ás 10.30 horas na porta principal de Navantia Ferrol e transcorreu pola Avenida de Esteiro cun corte de tráfico que provocou importantes retencións á entrada da cidade. En tres puntos da protesta colocaron barricadas ardendo.

Na protesta, realizada de forma simultánea noutros centros de Navantia en España, o comité de empresa ferrolano advertiu de que a actual carga de traballo, centrada no segundo LHD que se constrúe para Australia, finalizará nos próximos meses, e que o encargo dun flotel para a petroleira mexicana Pemex aínda non ten data de inicio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar