Cada galego recicla 13 quilos de vidro ao ano

Reciclaxe de vidro
Reciclaxe de vidro

Os galegos reciclaron 36.609 toneladas de vidro en 2012, unha media de 13,2 quilogramos por persoa, segundo informa a Asociación EcoVidrio. A Coruña é a provincia “máis sensibilizada” cunha media de 14,9 quilogramos de vidro reciclados por cada habitante. Mentres, Galicia é a quinta comunidade con máis colectores.

As 36.609 toneladas de envases de vidro reciclados supoñen un 0,7%de incremento respecto a 2011. En concreto, cada galego depositou nos colectores unha media de 13,2 quilogramos de vidro, “o equivalente a 39 envases de vidro”, sinala esta entidade.

Galicia conta cun total de 12.562 colectores, de eles 304 instalados durante o pasado ano. O número de colectores sitúase nun por cada 221 habitantes, “mellorando o dato de 2011 de 228 habitantes por colector”, sinala nun comunicado EcoVidrio, que destaca que a media nacional é de 259.
COLECTORES POR HABITANTE

Actualmente Galicia é a quinta comunidade autónoma con máis colectores por habitante. Un ano máis, destaca A Coruña como a provincia con maior grao de sensibilización cidadá, con 14,9 quilogramos de vidro reciclados por habitante. En concreto, cada coruñés reciclou preto de 45 envases de vidro durante 2012.

A Coruña e Pontevedra son as provincias que máis toneladas de vidro reciclaron durante o pasado ano, con 17.037 e 11.170 respectivamente. En Lugo foron 4.030 e en Ourense outras 4.371 toneladas.

Por outro lado, Lugo posiciónase como a provincia galega con mellor índice de contedorización, situándose nun colector por cada 186 cidadáns.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar