Manuel Álvarez Torneiro e Begoña Caamaño gañan o Premio da Crítica

   O escritor coruñés Manuel Álvarez Torneiro pola obra ‘Os ángulos da brasa’, publicado na colección Tambo de Faktoría K, e a autora viguesa Begoña Caamaño por ‘Morgana en Esmelle’, publicado por Galaxia, gañaron o Premio da Manuel_Álvarez_TorneiroCrítica Española nas modalidades de poesía e narrativa en galego, respectivamente. Para Álvarez Torneiro é a segunda vez que recibe este galardón, que xa se lle concedera en 1999 polo libro ‘Luz de facer memoria».

   O fallo produciuse esta mañá en Ponferrada, onde reuniuse o xurado encabezado por Anxo Basanta, presidente da Asociación Española de Críticos Literarios, xunto con Jorge de Arco, Araceli Iravedra, Nicolás Miñambres e o galego Xosé Manuel Eyré, entre outros membros do comité de selección.

Precisamente, Xosé Manuel Eyré referiuse a ‘Os ángulos da brasa’ como «un poemario extraordinario, que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha mirada sobre a vida e o ser humano dende a altura dos anos e a experiencia». Pola súa banda, o autor mostrouse «feliz e atordado» por este novo galardón para ‘Os ángulos dá brasa’, do que vai publicar unha nova reimpresión, segundo a editorial Kalandraka, á que pertence o selo Faktoría K.

Con respecto a ‘Morgana en Esmelle’, Xosé Manuel Eyré destacou a «filiación cunqueirianas» desta novela, a Begoña Caamaño e portada Morgana en Esmelle«reivincidación feminista» do seu contido e a súa capacidade para que o mito «estea ao servizo da análise sociolóxica actual e poida explicar cousas de hoxe en día».

Dáse a coincidencia de que tanto ‘Os ángulos da brasa’ como ‘Morgana en Esmelle’ foron distinguidos o pasado mes de marzo pola Asociación Galega de Editores co Premio Ánxel Casal nas categorías de poesía e de ficción, respectivamente.

Un total de 47 poemarios e 42 novelas optaban a esta 57ª edición dos Premios da Crítica Española, que seleccionan os mellores libros de narrativa e poesía en castelán, galego, catalán e euskera. As distincións teñen carácter honorífico e carecen de dotación económica, se ben destacan polo seu prestixio en España e Latinoamérica.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar