Falece atrapada nunha máquina de cortar leña en Dumbría

   Unha muller de 66 anos faleceu tras s0frir un accidente mentres manexaba unha máquina de cortar leña no municipio coruñés de Dumbría.

   Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, o accidente aconteceu pouco antes das 14.00 horas, cando a muller, que se atopaba cortando leña, quedou atrapada pola máquina que estaba a usar.

Ata o lugar do suceso desprazouse unha ambulancia asistencial, o helicóptero medicalizado e persoal sanitario do Centro de Saúde de Dumbría os cales, non obstante, non puideron facer nada por salvar a vida da muller.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar