O tráfico nos aeroportos de A Coruña e Vigo caeu máis dun 15%

   O tráfico de pasaxeiros nos aeroportos de A Coruña e Vigo diminuíu durante o primeiro trimestre do ano un 16,4 por cento e un 15,4 por cento respectivamente, mentres que no aeródromo santiagués caeu un 5,7 por cento.

aeropuertovigo[1]   Así o evidencian os datos achegados este mércores por Aena, nos que se reflicte que nos tres primeiros meses do ano pasaron polo aeroporto de A Coruña 150.312 pasaxeiros, un 16,4 por cento menos que no mesmo período do ano anterior.

En marzo fixeron uso do aeródromo de Alvedro 53.395 persoas, un 17,4 por cento menos que no terceiro mes de 2012, mentres que o número de operacións baixou un 34,8 por cento, ata as 786.

No que se refire ao aeroporto de Vigo, no primeiro trimestre do ano rexistrou 148.758 pasaxeiros, un 15,4 por cento menos. En marzo pasaron por Peinador 52.309 persoas, un 15,4 por cento menos que en marzo do pasado ano, mentres que as operacións caeron un 20 por cento, ata as 774.

O aeroporto de Lavacolla rexistrou entre xaneiro e marzo 451.201 pasaxeiros, un 5,7 por cento menos. No mes de marzo os usuarios caeron un 2,9 por cento, ata os 173.490; e as operacións baixaron unicamente un 0,1 por cento, ata as 1.532.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar