O Gaiás impulsa o emprendemento cultural creativo

Arrancou no Gaiás o programa formativo Creación e consolidación de industrias culturais e creativas, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cámara de Comercio de Santiago e que se desenvolverá na Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o vindeiro 31 de maio.

“Actividades formativas como a que arranca no Gaiás son unha mostra do noso apoio decidido cara ás industrias culturais e creativas de Galicia”, asegurou a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz Cidade da cultura_Gaiás_visitantes_actividadeGonzález Loroño, que estivo acompañada na presentación polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey Carril, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado.

Deste xeito,  tal e como apuntou González Loroño, co curso Creación e consolidación de industrias culturais e creativas, a Cidade da Cultura e a Cámara de Comercio de Santiago buscan satisfacer a crecente demanda das pequenas empresas culturais ante os novos retos. Cun enfoque altamente creativo, o curso aborda os modelos de financiamento e xestión máis anovadores e eficientes para os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos.

Apoio aos emprendedores A directora xerente da Cidade da Cultura enmarcou esta iniciativa na política de apoio a emprendedores que establece o proxecto estratéxico do complexo, o Plan Gaiás 2012-2018, que fixa como obxectivo prioritario analizar e potenciar as particularidades, necesidades e potencial dos proxectos empresariais do eido cultural e creativo.

Beatriz González Loroño puxo como exemplo desta política de apoio ás industrias culturais o espazo de coworking “Emprende Cultura Gaiás” co que se busca non só facilitarlle un lugar de traballo aos novos emprendedores, senón multiplicar as súas posibilidades de negocio.

Do mesmo xeito, recordou que a programación cultural do Gaiás apostou desde o principio por este sector coa celebración de eventos como o Encontro de Economía e Cultura, que puxo en contacto ao tecido cultural co empresarial para xerar sinerxías e lazos de futuro, ou as xornadas sobre Creatividade e Empresa que se repetirán ao longo deste 2013 co obxectivo de afondar nesta relación de futuro.

Clases presenciais e titorías Cunha duración de 320 horas, o curso, totalmente de balde, contará coa participación dun máximo de 25 proxectos relacionados coas industrias culturais. Está dirixido fundamentalmente a empresarios e responsables de pequenas empresas culturais e creativas de diversos ámbitos como a arte, o teatro, a música, a danza, o audiovisual, o sector editorial, as novas tecnoloxías ou o deseño, e a emprendedores que conten cun proxecto cultural definido.

Cun 15% de clases presenciais e o 85% restante en titorías individuais, este curso formativo prolongarase durante oito semanas: do 8 de abril ao 31 de maio. A metodoloxía do programa centrarase no papel da cultura na nova sociedade, para o que todos os participantes elaborarán unha presentación do Plan de negocio para un proxecto empresarial.

Durante as oito semanas do curso, os titores expoñerán os contidos dos módulos formativos que versarán sobre administración da empresa cultural, marketing e comercialización, prevención de riscos laborais, calidade ambiental e igualdade de oportunidades, xestión financeira e económica e novas tecnoloxías da información e ferramentas informáticas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar