Alerta laranxa na costa coruñesa

A Dirección Xeral de Emerxencias, alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará ao litoral da provincia da Coruña, a partir desta tarde.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 16.00 horas, na zona noroeste e oeste da lunes Aemetprovincia da Coruña, espérase vento do suroeste de forza 8; que na zona norte irá acompañado de mar moi grosa. Pola súa banda, na zona do suroeste da provincia acadaranse niveis de alerta amarelos.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; á Deputación da Coruña, servizo provincial e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar