Outros 26 mil veciños da comarca de Santiago teñen acceso a Internet

Cobertura Internet comarca SantiagoO Roadshow Movistar Galicia, a aula móbil que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego, esta hoxe no concello de Ames (na Praza de Chavián, en Bertamiráns).Esta iniciativa, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Movistar, céntrase nos municipios aos que o teleoperador e o Plan de Banda Larga da Xunta xa posibilitaron a conexión á rede. A aula móbil está a visitar 82 municipios galegos para de trasladar á pé de rúa as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.No caso do concello de Ames o Plan de Banda Larga proporcionou cobertura a 3.149 habitantes que carecían de conexión a Internet, o que supón máis do 95% da poboación do municipio. Hai tres anos esta porcentaxe era do 84% e as previsións do departamento autonómico é que esta se incremente á práctica totalidade da poboación a finais de 2013. A porcentaxe restante, menos dun 2%, cubrirase vía satélite.EVOLUCIÓN DO PLAN
Na comarca de Santiago un total de 26.677 persoas, que carecían de cobertura hai tres anos, contan con conexión á rede a día de hoxe. Grazas ao Plan, a poboación con posibilidade de conexión a Internet pasou dun 80% a máis dun 97%. Este ano as actuacións do Plan permitirán superar o 98%, cubríndose o resto vía satélite.O Plan, que se iniciou en 2010, é un plan a catro anos con seis liñas de acción para dotar de cobertura a todos os galegos. Os despregamentos realízanse por núcleos, atendendo a cuestións técnicas, orográficas e de dispersión poboacional. De aí, que nalgúns concellos haxa zonas nas que xa se completaron as actuacións e noutras nas se completarán este ano.É especialmente significativo o incremento de cobertura acadado nalgúns municipios da Comarca. En Val do Dubra antes do Plan só o 37,7% dos veciños dispoñían de acceso a internet. A día de hoxe esa porcentaxe supera o 98%, é dicir, 2.650 persoas xa poden acceder á rede. Nunha situación similar estaba o Concello de Boqueixón que pasou dun 41% de poboación cuberta a máis do 98%.AS VANTAXES
A unidade móbil do Roadshow Movistar Galicia conta con 4 postos con ordenador nos que de forma gratuíta se levarán a cabo diferentes demostracións para que os usuarios experimenten de forma práctica o sinxelo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información -prensa, música, ofertas de emprego, partes meteorolóxicos, trámites coa Administración a través da sede electrónica da Xunta, etc. -. A aprendizaxe estará supervisada en todo momento por persoal especializado de Telefónica.Paralelamente, desenvólvense accións formativas e informativas a pé de rúa, a través de equipos de traballo provistos dunha tablet e conectados á Rede mediante un USB, que explicn aos veciños de cada localidade as vantaxes de Internet para a vida cotiá.ACCESO Á REDE
A día de hoxe, grazas ás accións do Plan de Banda Larga son xa máis de 655.000 os galegos que poden acceder a internet e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. Desde mediados de 2010 o Plan permitiu que a porcentaxe de galegos con acceso á rede chegase a máis do 95% de media fronte ao 70% existente en 2009.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar