Medidas contra os malos tratos en Vigo

Susana_Vigo_malos tratos

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo.

Na súa visita, presentáronlle á secretaria xeral a súa Memoria de Actividades 2012, xa que o ano pasado foron beneficiarios dunha subvención da Xunta de Galicia para realizar programas de recursos integrais para mulleres por importe de preto de 14.000 euros.

Así mesmo, aproveitaron a súa visita para invitar a López Abella ás xornadas que organizan no ámbito da Loita contra a Violencia de Xénero, que realizan no último trimestre do año; así como para informala do seu continuo traballo de apoio e acompañamento a mulleres vítimas de violencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar