O escultor Tenreiro abre un “Punto e aparte” no Centro Cultural da Deputación de Ourense

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

“Punto e aparte” é o título da exposición que Enrique Tenreiro inaugurada onte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense exhibindo as súas composicións en madeira xunto cunha serie de gravados realizados tamén con madeira (xilografías). O artista amosou unha gran satisfacción por poder ensinar a súa obra nunha das salas dun centro cultural que cualificou como “emblemático en Galicia” e polo que felicitou á Deputación de Ourense. Este centro cultural é “a casa encendida de Galicia”, indicou. Por tal motivo, buscou e conseguíu financiamento privado para completar a mostra cun libro que recolle gran parte do seu traballo nos últimos anos, onde se está a converter nun dos artistas de maior proxección no panorama da escultura galega.

Tenreiro explicou que escolle a madeira como material para o seu traballao pola súa condición de ser un elemento vivo e que ”incluso despois de morta, despois de cortala, sigue vivindo, sigue ensinándonos o camiño a seguir coas súas ondas, as súas vetas e os seus nós. Resulta extraordinario traballar cun ser vivo que vivíu e sofríu 150 ou 200 anos”.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, aludíu ao simbolismo do título dado que “punto e aparte significa que se remata unha etapa, un momento, pero eso da paso a outro novo, que pode ser aínda máis fructífero e positivo”. O critico de arte Limia de Gardón, presente tamén no acto, aludíu á calidade do traballo deste creador coruñés que mantén fondas raigames con Ourense.

A mostra poderá visitarse do 4 de abril ao 5 de maio de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar