Unha viaxe pola América dos 50 nos diarios inéditos de Paz-Andrade, preséntanse en Santiago

Dende Canadá ao sur de Chile. A visión do Novo Continente dun poeta, empresario e político galeguista que percorreu América como delegado da FAO.

Portada Diarios de Viaje Valentin Paz AndradeOs Diarios estiveron perdidos durante 60 anos e saen agora á venda en toda España nunha coidada edición que inclúe fotos, manuscritos e documentos da época.

A obra preséntase ao público en Santiago este mércores 3 de abril ás 19 horas no Consello da Cultura Galega.

Estes Diarios de viaje de Valentín Paz-Andrade (Lérez-Pontevedra, 1898–Vigo, 1987) permanecían inéditos dende hai sesenta anos. O seu autor, poeta, xornalista, economista e empresario, e tamén político galeguista, percorreu o Novo Continente, dende Canadá ata Chile, na década dos cincuenta do século pasado. Fíxoo como Delegado para América Latina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira.

O resultado daquela experiencia é un atractivo libro de viaxes cuxos textos apareceron, algúns deles, aínda a finais de 2012, ao remate do ano no que o autor foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Unha prosa riquísima combina o lirismo fondo do poeta cun análisis profundo e certeiro dos lugares, xentes e acontecementos que Paz-Andrade ía atopando ao seu paso.

Anotacións ás veces manuscritas, outras pasadas a máquina, que foron descubertas pola historiadora Emilia García, e que aparecen aquí acompañadas de fotografías, postais ou ilustracións da época, gardadas polo autor entre as follas esquecidas dos seus Diarios.

A obra preséntase ao público en Santiago o mércores 3 de abril ás 19 horas nun acto que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega e estará presidido por Ramón Villares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar