Último adeus a Enrique Reza, notario visual de facianas e feitos

20130403_184209_bis

Aquí vai o agasallo modesto, compañeiro, dunha foto que ti non puideches facer, e que gardarei a carón dunha desas escasas instantáneas nas que ti mesmo aparecías, alá polos oitenta, xunto a unha persoa de voz contestataria, o cantante Suso Vaamonde e eu mesmo, na celda do vello cárcere da rúa do Progreso no que penou durante semanas o loitador do escenario, xa ido hai doce anos.

Moreiras, no concello ourtensán dez Toén, aparecía grís na tarde polo tempo e a tristura, e o son das campás da igrexa de San Pedro chamaban unha hora antes á unha veciñanza contigo comprometida que de feito xa se viña achegando, ao maís alto do pobo, vencendo paseniño as pronunciadas costas da tua aldea que mesmo semellan unha longísima escaleira, que obriga de cando en cando a paradas de respiro e alivio.

Máis de cincocentos conveciños acompañaronte, Enrique, na despedida, na seguridade do cálculo de mutiplicar persoas por fila polas filas totais, como faciamos xuntos tres décadas atrás, ti, por “La Región”, e outros colegas, naquelas primeiras manifestacións do primeiro de maio na procura de consenso e a credibilidade no periódico o na radio de cada quen.

A enfermidade que sofriches nos últimos anos debeu reducir pouco a pouco as tuas lembranzas, aquel conxunto de milleiros de imaxes, probablemente en progresivo fundido a negro camiño dun “The End” inevitable, e agardo que tamén, mun lento escurecemento da tua consciencia, que che evitou a dor da viaxe final da tua fidel compañeira Olga.

                                                                                                                             Alberto Fernández

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar