Aumenta un 25% a sinestralidade viaria con 5 mortos en 4 accidentes

A sinestralidade viaria aumentou un 25 por cento en marzo con respecto ao mesmo período do ano pasado, ao pecharse con cinco falecidos en catro accidentes, unha vítima máis que as rexistradas ao termo do primeiro trimestre en 2012.

Segundo o balance difundido este luns pola Dirección General de Tráfico (DGT), A Coruña foi a provincia con máis vítimas, ao contabilizarse tres mortos en dous accidentes; seguida de Pontevedra e Lugo cun falecido nun sinistro en cada caso, mentres que en Ourense non houbo ningún.

Deste modo, en Ourense se rexistrou un descenso do 100 por cento da accidentalidade en marzo, ao pasar dunha vítima en marzo de 2012 a ningunha o mes pasado; mentres que en Pontevedra se mantivo igual, cun falecido.

Pola contra, na Coruña incrementouse a accidentalidade un 50 por cento, ao pasar de dúas vítimas mortais en 2012 a tres en marzo de 2013; e en Lugo aumentou un 100 por cento, de ningunha a unha.

Por idades, unha das vítimas rexistradas o mes pasado tiña entre 25 e 35 anos; outra, entre 36 e 45; e tres eran maiores de 65 anos, segundo os datos da DGT.

TRIMESTRE

No que vai de ano rexistráronse 24 persoas falecidas na rede viaria galega, as mesmas vítimas mortais que no primeiro trimestre do exercicio 2012.

Por provincias, en Pontevedra a accidentalidade ata marzo descendeu un 62,5 por cento, de oito vítimas en 2012 a tres en 2013; mentres que en Lugo se mantén, con tres falecidos.

Polo seu lado, o incremento foi do 33,3 por cento en Ourense, de tres falecidos a catro; e do 40 por cento na Coruña, de dez mortos ata marzo de 2012 a 14 no primeiro trimestre de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar