Accidente mortal en Silleda

Accidente moto Un home de 42 anos, de iniciais C.R.C., faleceu este domingo nun accidente de circulación acontecido na localidade pontevedresa de Silleda, onde a moto que conducía e un coche colisionaron violentamente.
Segundo informou a Central de Coordinación do 061-Galicia, o suceso tivo lugar pouco antes das 17.00 horas deste domingo.
Ao lugar do suceso desprazouse unha ambulancia asistencial e foi alertado o persoal sanitario do PAC de Silleda que, finalmente, non interveu, dado que se actuou tamén un helicóptero medicalizado. Non obstante, ningún dos efectivos puideron facer nada por salvar a vida do home.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar