Seis mozos, imputados por roubo de material informático nun colexio de Sanxenxo

   A Garda Civil do posto de Sanxenxo, en Pontevedra, imputou a seis mozos, un deles menor de idade e os restantes de entre 21 e 19 anos, un delito de roubo con forza, tras ser sorprendidos mentres trataban de subtraer material informático do interior dun colexio infantil do municipio.

   Segundo informou a Garda Civil, os feitos sucederon na mañá deste sábado, cando unha patrulla da Garda Civil sorprendeu no interior dun centro escolar aos seis mozos portando mochilas e, no seu interior, diverso material informático do colexio como portátiles infantís, proxectores, pantallas de ordenadores, CPU ou micrófonos, entre outros.

Así mesmo, o director do centro acreditou que había diversos danos e estragos tanto no material informático coma no mobiliario do centro.

Os axentes procederon á identificación e imputación destes mozos por un delito de roubo con forza e instruíronse as dilixencias, que serán entregadas ao Xulgado de Instrución Número tres de Cambados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar