Arredor de 250 familias superan con éxito un plan experimental de compostaxe

Contedor de compostaxe de material reciclado e, a sua vez, reciclable.
Contedor de compostaxe de material reciclado e, a sua vez, reciclable.

Un total de 250 familias de Guitiriz, Palas de Rei, Ribadeo, Ortigueira e Quiroga participan nun programa de compostaxe de Sogama, no que conseguiron reunir todos os requisitos de calidade recollidos na normativa vixente, baseándose nas primeiras mostras de compost obtidas.
De acordo cos parámetros establecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, e tras ser analizado polo Laboratorio Grupo de Investigación GI-1649 da Escola politécnica Superior del Campus de Lugo (USC) –dependente do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)– o compost foi catalogado como Clase A.
O proxecto arrancaba o pasado mes de maio tras a distribución, por parte de Sogama, dun total de 50 recipientes para compostaxe por localidade para que os fogares que voluntariamente decidisen participar neste puidesen fabricar o seu propio abono a partir da materia orgánica xerada, evitando desta forma que en torno ao 40-60 por cento dos residuos producidos fosen depositados, xunto coa fracción non reciclable, nos colectores verdes convencionais.
De forma paralela, levou a cabo un curso de formación dirixido aos representantes municipais que asumiron o rol de mestres composteros, para ensinar posteriormente a técnica ás familias incorporadas ao sistema e efectuar un seguimento de todo o proceso, que estivo reforzado coa repartición de material didáctico e divulgativo.
Os composteiros, de 360 litros de capacidade e fabricados con material reciclado e reciclable, o que axuda aos participantes a levar a cabo un proceso máis hixiénico e controlado.
Simultaneamente, os concellos repartiron entre os veciños bolsas de cores reutilizables de 20 litros de capacidade cada unha, elaboradas a partir de polipropileno reciclado, coa pretensión de facer máis cómoda a selección de desperdicios en orixe, e para mellorar as taxas de reciclado a nivel municipal.
RESULTADOS
Deste modo, despois de máis de seis meses dende o inicio oficial do programa, procedeuse á análise do compost obtido, concluíndo a súa idoneidade como emenda orgánica.
Para proceder ao seu estudio, recolléronse 25 mostras distribuídas entre os cinco concellos participantes e avaliáronse parámetros como o pH e a densidade, que se atopan dentro da normalidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar