Beiras, unico deputado pendente de declarar o seu patrimonio

Paula Prado_PP_rolda sede

Xosé Manuel Beiras, na sua finca de Brión.
Xosé Manuel Beiras, na sua finca de Brión.
A voceiro do PPdeG, Paula Prado, lamentou que o líder de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, «sexa o único deputado» do Parlamento de Galicia que «non presentou a declaración dos seus bens patrimoniais».

«A publicación do patrimonio dos deputados debe entenderse como un exercicio en aras da transparencia, que facilite en control democrático dos representantes da cidadanía», considerou a tamén deputada popular.

Neste sentido, Prado criticou a «incoherencia na que cae Beiras coa súa actitude» xa que «adoita ser o primeiro en alzar a voz ante as supostas opacidades do sistema pero agora négase a participar na súa aclaración cun xesto de transparencia».

Para a voceiro dos populares galegos «actitudes como a de Beiras non favorecen nada nin aos intereses da sociedade galega non aos da formación política que representa». «A cidadanía non entenderá que quen se cre con autoridade moral suficiente para dar discursos sobre ética política dende o atril do hemiciclo non de exemplo cos seus actos», asegurou.

Por iso, Prado sumouse á proposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de «modificar o regulamento para que sexa obrigatorio publicar os bens, o patrimonio e as rendas de todos os deputados».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar