Dende hoxe haberá 830.000 desprazamentos en Galicia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé máis de 830.000 desprazamentos na rede viaria galega dende este mércores, día 27, no marco da segunda fase da operación especial de Semana Santa.

Tráfico rodado Galicia_reencadradoEn concreto, a segunda fase desenvolverase dende as 15.00 horas deste mércores 27 de marzo ata as 24 horas do luns 1 de abril, período no que Tráfico estima uns 832.700 desprazamentos na rede viaria de Galicia, o 11 por cento de todo o país.

No marco de toda a operación especial, que comezou o pasado venres 22, a DGT prevé uns 1.430.000 desprazamentos na rede viaria galega, o 11 por cento dos 13 millóns de movementos estimados en estradas de toda España.

En xeral, as estradas da comunidade nas que espera maior intensidade de tráfico serán a autoestrada AP-9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e as nacionais N-550 e N-634.

Ademais, a DGT apunta unha vintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, nove deles na provincia de A Coruña: AC-12 e AC-11 nos accesos á cidade herculina; AG-11 dende Ribeira a Padrón; N-550; N-651; AP-9; A-6, AC-552 na glorieta de A Grela e AC-173 nas rotondas de Santa Cristina, Santa Cruz e Bastiagueiro.

Na provincia de Pontevedra os puntos conflitivos prevense na A-55 –Vigo-Tui–, A-52 –límite da provincia Ourense-Porriño–, N-550 –Pontecesures-Tui– e N-640 –Vegadeo-Vilagarcía de Arousa–, mentres que en Lugo estarán na N-640, N-634 e LU-704; e na de Ourense na N-120, N-525 e OU-540.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar