O vento obriga a desviar dous voos con destino a Peinador

vueling
O forte vento que se rexistra na xornada deste luns afectou a dous voos que tiñan prevista a súa chegada ao aeroporto vigués de Peinador, un deles procedente de Barcelona, o cal tivo que ser desviado a A Coruña, e outro procedente de Madrid, que volveu ao punto de orixe se ben posteriormente si aterrou na cidade olívica.

Segundo informan a Europa Press fontes de Aena, a conexión Barcelona Vigo da compañía Vueling que tiña prevista a súa chegada ás 11.15 horas deste luns foi desviada a A Coruña.

As mesmas fontes indican que se viu afectado un segundo voo, neste caso a conexión de Air Europa entre Madrid e Vigo que tiña prevista a súa chegada á cidade olívica ás 11.45 horas. Neste caso, o avión volveu á capital, aínda que posteriormente, a mediodía, regresou a Vigo e puido aterrar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar