O Parlamento publica os bens dos deputados, salvo oito dos nove de AGE

parlamentogallego

O Parlamento de Galicia publicou este luns as declaracións de bens e patrimonios de todos os deputados, salvo os de oito dos nove de Alternativa Galega de Esquerda, que por «un malentendido» non o fixeron en prazo, segundo fontes deste grupo. Non obstante, está previsto que o fagan en próximos días.

Así, unicamente a vicevoceiro do grupo, Yolanda Díaz, presentou no prazo estipulado a súa declaración de bens e patrimonio, mentres que o voceiro, Xosé Manuel Beiras, e o deputado Juan Manuel Fajardo presentaron un escrito dirixido á Mesa para que se faga pública a declaración entregada á Comisión do Estatuto do Deputado ao inicio de lexislatura.

Non obstante, este procedemento, segundo explicaron fontes parlamentarias a Europa Press, non está recollido no Regulamento do Parlamento, co que non é posible levalo a cabo. Tanto é así, que a propia publicación dos bens que se fixo este luns parte dun acordo dos grupos parlamentarios, xa que legalmente non é posible facelo.

De feito, está pendente unha reforma do Regulamento do Parlamento para que a publicación das declaracións de bens e patrimonios se faga por imperativo legal. A iso xa se comprometeran os grupos na anterior lexislatura, pero non se chegou a efectuar.

Acceda dende aquí ao listado completo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar