O novo voceiro do BNG, disposto a cambiar as siglas «para sumar»

Xavier Vence_interior_micro

O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, Xavier Vence, volveu deixar clara a súa aposta por «reconstruír a unidade do nacionalismo» en Galicia, de forma que abre as portas a diferentes fórmulas nas que se poidan atopar cambiar as propias siglas do BNG se fose necesario ou «sumar outras siglas» para este proxecto de futuro.

Preguntado nunha entrevista concedida á Cadena SER, que recolle Europa Press, de forma directa sobre se nesas vías se atopa mesmo a dispoñibilidade a modificar as siglas do BNG en pro dunha unión de forzas, Vence contestou que «tamén, ou sumando siglas». «Hai moitas vías posibles que haberá que ir explorando e ver a vontade que teñen todas as partes», apostilou.

«Non estamos pechados a calquera outra fórmula unha vez comecemos ese proceso de diálogo», destacou Xavier Vence, que inclúe entre os «retos máis inmediatos» reactivar «a opción do programa nacionalista deste país» con «alternativas realistas fronte a un desgoberno absoluto do PP e Núñez Feijóo».

Así, reiterou que busca «sumar forzas» e «tender pontes respecto a todas esas organizacións que existen no ámbito do nacionalismo», á vez que «dinamizar» e «reagrupar» a «todos esas miles de persoas que non están en ningunha desas opcións organizadas» que «están por libre ou cabreados».

Neste sentido, Vence distingue dúas estratexias diferenzas, por un lado, colaborar «na loita diaria» con todos aqueles grupos cos que o BNG comparte intereses; mentres que «outra cuestión distinta» se atopa no «proxecto estratéxico político», o cal pasa exclusivamente por aquelas forzas que «teñen a Galicia como centro da súa preocupación e Galicia soberana como ‘leit motiv»‘.

Por iso, Xavier Vence apuntou que a «opción estratéxica non sería posible» con forzas con Esquerda Unida, que se atopa en coalición con Anova, dado que depende dunha dirección estatal, pero «outra cousa sería que poida haber acordo puntuais» para o traballo cotián.
AYMERICH E SOBERANÍA

Preguntado por unha afirmación do líder da corrente Abrente, Carlos Aymerich, en apuntábaa que «non se lle pode pedir a un parado que espere a que espere» pola soberanía», Xavier Vence replicou que «igual que non se lle pide a un parado que espere pola democracia para solucionar o seu problema». «Non son cousas contraditorias, paréceme que é un mal enfoque desa cuestión», agregou o voceiro nacional.

«Creo que Carlos (Aymerich) non o di nese sentido, obviamente, pero é un pouco o discurso tecnocrático dos que defende modelos autoritarios, din: ‘Á xente o que lle preocupa son os garavanzos, non a política’, polo tanto ao final con esa lóxica acabas aceptando que a política non ten importancia», replicou a esta afirmación Xavier Vence.

Sobre esta cuestión, defende que a soberanía «é a única vía para que a sociedade se poña» por enriba dos mercados», pero avoga por non converter «a palabra soberanía no único argumento político de todos os días e que iso leve a esquecer as prioridades inmediatas».
SEN CHAMADA DE FEIJÓO

Preguntado sobre se falou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ou este lle chamou para felicitalo polo seu novo cargo de voceiro nacional, Xavier Vence dixo que non houbo ningún contacto. «Debe estar moi ocupado gobernando intensamente Galicia que non me chamou», ha ironizado.

E sobre se mantivo contactos cos líderes da oposición, explicou: «Sei que hai algún que fixo algunha xestión pero non coincidimos aínda para falar».

No tocante a este extremo sinalou que a nova directiva do BNG «está a aterrar», polo que dedicou a primeira semana dende que foi elixido voceiro nacional á «configuración interna» e atender aos medios, de forma que «a partir de agora» está a disposición doutros grupos para contactos ou manter «unha relación de cortesía».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar