O PSOE galego denuncia un sobrecuste da vivienda protexida

Sánchez Bugallo_PSOE

O voceiro de Ordenación de Territorio, Urbanismo e Vivenda del Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu da suba xeneralizada entre un 30 e un 60 por cento do custo mensual dos empréstitos para vivenda protexida pola supresión das subvencións do goberno. e presentou unha iniciativa para pedir á Xunta que manteña «a totalidade das axudas».

En rolda de prensa, Bugallo alertou da supresión destas axudas, concedidas para pagarlles os intereses dos empréstitos de vivenda protexida, que afecta entre 15.000 e 20.000 familias galegas que accederon a distintas modalidades de protección.

Esta situación afecta especialmente, segundo asegura, o concello de Vigo, con 6.000 afectados, e o municipio de Santiago, con máis de 3.000, aínda que incide «en familias de toda Galicia».

Bugallo reclamou ao Goberno galego que «manteña a totalidade das axudas para a subsidiación de empréstitos», incluídas as renovacións previstas para todos aqueles que a tivesen concedida con anterioridade ao 14 de xullo de 2012.

O «problema» iniciouse a raíz de a decisión do Executivo central de suprimir estas axudas a través do Real Decreto 20/2012 critica Bugallo, quen lamentou que os beneficiarios verán como estas non se renovan en canto remate o prazo inicial de cinco anos, a pesar de que eran «renovables automaticamente ao seguir cumprindo os requisitos».

«Irán vendo como ao cumprirse o prazo perderán a axuda do Plan Nacional de Vivenda e as súas hipotecas experimentarán subas de entre o 30 e o 60 por cento», sinalou.
AFECTADOS

O parlamentario socialista reiterou que «se trata de vivendas protexidas» e, polo tanto, «de familias modestas» que verán como teñen que sumar a suba inesperada das cotas hipotecarias «aos problemas derivados da crise económica».

As vivendas afectadas por esta situación corresponden aos barrios de San Paio de Navia, en Vigo, ou os de Pontepedriña, Castiñeiriño, Volta do Castro, Castro de Abaixo, Pontepereda, O Avío, Salgueiriños, Meixonfrío, As Cancelas ou os polígonos 6 e 7 de Fontiñas, no caso de Santiago. Aínda que tamén repercute noutros como Novo Mesoiro, en A Coruña, e «tantos outros polígonos e municipios de Galicia».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar