«Santiago paixón»: 16 restaurantes de Santiago ofertan menús especiais por 18 euros

Santiago Paixón_1
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistíu á presentación da primeira edición do programa gastronómico «Santiago Paixón», organizado pola asociación Hostelería Compostela en colaboración con Turismo de Santiago. Dezaseis restaurantes participarán na iniciativa, que permitirá ofrecer menús temáticos durante a Semana Santa.
Santiago Paixón_2
Santiago Paixón celebrarase do 22 ao 31 de marzo.Neste período, 16 restaurantes ofrecerán un menú especial ao prezo de 18 euros, que incluirá produtos de primeira calidade relacionados coa Semana Santa. Os clientes consumidores destes menús recibirán como agasallo publicacións gastronómicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar