Feijóo anuncia medidas para impulsar o potencial turístico

Feijóo_Nava Castro_parador Baiona

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, o apoio da Xunta ao sector do turismo na súa aposta pola calidade coa creación da Axencia de Turismo, que unifica os departamentos existentes anteriormente neste eido; cun Plan Estratéxico de Turismo, que defina obxectivos e prioridades; e a través do impulso de novas liñas de axudas para facilitar a adquisición da Certificación Q.

Durante o acto de Recoñecemento “Q” de Calidade Turística Galicia 2012, Feijóo incidiu en que o compromiso do Goberno galego é claro. “Somos conscientes de que o turismo é un dos principais sectores da nosa economía e por iso apostamos por reforzalo na pasada lexislatura: cun novo marco normativo; impulsando a Marca Galicia; coa aposta polos xeodestinos, e cun Plan de acción do turismo. E seguiremos apoiando ao sector que nesta lexislatura será un eixo vertebrador da nosa política económica”, asegurou.

Se ben o potencial turístico de Galicia é algo sobradamente coñecido e valorado, Feijóo incidiu en que “non somos únicos” e lembrou que, hoxe, o turismo ten que competir nun novo mundo: o das esixencias cada vez maiores por uns consumidores cada vez mellor informados. “O turista de hoxe en día ten máis información que nunca. Ten a súa disposición información puntual sobre destinos, sobre establecementos hoteleiros ou sobre restaurantes. E vai poder coñecer o que outros clientes opinan, e vai decidir en gran medida influenciado por esas opinións”, explicou.

Feijóo_Nava Castro_turismo Parador Baiona

Fronte a esta realidade, o presidente do Goberno galego afirmou que a nosa diferenciación ten que vir pola calidade, por ofrecer ao visitante unha experiencia única que o invite a volver ou a recomendarnos. “E, nun sector como o turismo, iso tradúcese en mellorar os estándares de calidade e atención para facer do servizo prestado esa experiencia susceptible de repetir e recomendar”, insistiu.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta trasladou os parabéns aos 247 establecementos que representan a cifra de entidades certificadas máis alta ata o de agora en Galicia. Feijóo recordou que grazas ao esforzo do sector, Galicia é a Comunidade de España con máis establecementos de aloxamento (hoteis, turismo rural, campings) certificados con “Q” de calidade de todo o Estado; e a única Comunidade de España, xunto con A Rioxa, que experimentou un balance positivo na cifra de distintivos Q obtidos en 2012, con 13 Q de Calidade Turística máis que en 2011. “E, tamén, -engadiu- somos líderes en distincións Q de calidade en balnearios, en instalacións náutico-deportivas ou en turismo activo”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar