Pachi Vázquez chama ao PSOE a implantar as primarias galegas

Pachi Vázquez_porta de Ferraz
Pahi Vázquez, as portas de Ferráz.

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, invitou o resto de federacións socialistas a imitar a súa e celebrar primarias consultivas para a elección dos seus líderes co obxectivo de «gañar en participación e transparencia».

En declaracións antes da reunión da Comisión Executiva Federal do PSOE en Madrid, Vázquez sinalou que o acordo ao que el mesmo chegou esta semana co secretario xeral do partido, Alfredo Pérez Rubalcaba, para a celebración destas primarias supón «un paso de xigante para a militancia» porque con este «se inicia un camiño que continúa continúa» nun cambio en profundidade no modelo do partido».

«Que os militantes poidan votar en urna con carácter secreto aos candidatos a secretario xeral é un paso que non ten precedentes e que vai en camiño da participación e a transparencia», explicou o líder dos socialistas galegos.

Para detallar as condicións das primarias consultivas, Vázquez indicou que PSOE e PSdeG van constituír unha «comisión mixta» que traballará durante os próximos meses ata que se produza a votación, prevista para o 1 de xuño.

«Eu creo que é un día importante para os militantes deste partido que queren máis participación e máis transparencia. Eu creo que o camiño é ese, que a experiencia de Galicia ten que definir e marcar», destacou.
A PARTICIPACIÓN «NUNCA É MALA»

Por iso, invitou «a todo o partido en España» a imitar ao PSdeG, pero pediu que se faga «con prudencia, con alegría, con ilusión,», e mostrouse convencido de que «aquela xente que teña desconfianza vai comprobar que nunca é malo abrir procesos de participación e de transparencia». «Eu creo que en Galicia imos dar bo exemplo nese sentido», subliñou.

Á pregunta de se cre que o liderado de Rubalcaba está en risco tras as últimas crises abertas no partido, Vázquez limitouse a manifestar que o secretario xeral «ten o apoio da inmensa maioría do partido».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar