O Sergas anuncia oposición para 176 prazas de médicos

 

A directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Margarita Prado Vaamonde, informou hoxe, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, que o seu departamento está a levar a cabo unha política de persoal fundamentada na estabilidade laboral, o desenvolvemento e a promoción profesional.Subliñou, así mesmo, que, dende o ano 2009, estabilizáronse máis de 4.000 postos de traballo nas institucións do Sergas, dos que 1.000 foron de persoal facultativo, 2.000 de persoal sanitario e o resto de persoal de xestión e servizos. Remarcou que este compromiso de estabilización é moi diferente da situación que viven outras administracións públicas, que levan tempo sen convocar procesos ou sen resolver os xa convocados. A este respecto dixo que a política de estabilización laboral desenvolvida nos últimos anos fixo que no período que vai de xaneiro de 2011 a xullo de 2012, o número de profesionais con praza en propiedade pasase de 20.357 a 21.372, é dicir, 1.195 propietarios máis, o que representa unha porcentaxe de máis dun 6%.Dada a condición de servizo público esencial da actividade que realizan, a directora de Recursos Humanos do Sergas considera prioritaria a incorporación de novos profesionais. Por iso, temos ofertado 176 prazas de facultativos do que convocaremos o concurso-oposición neste mes de abril (164 de facultativo especialista de área e as restantes de médico de urxencias hospitalarias), e temos previsto ofertar neste ano novas categorías, axustándonos á porcentaxe establecida na normativa vixente, -dixo Margarita Prado-. Trátase da segunda oferta de emprego público en menos de catro anos, sendo Galicia unha das comunidades que ofrece maiores posibilidades de estabilización aos seus profesionais sanitarios, -resaltou-.

Tamén remarcou que, nesta convocatoria, e coa fin de axilizar os trámites e reducir as cargas administrativas, ademais de gañar en transparencia e axilidade e reducir o custe do proceso, a inscrición das persoas aspirantes e a súa xestión efectuarase por medio do sistema informático Expedient-e.

Xuntanza da Comisión técnica de mellora dos procesos selectivos
Tal e como detallou Margarita Prado, precisamente coa fin de consensuar as bases da convocatoria, os temarios e os baremos aplicables no concurso-oposición de licenciados sanitarios, no día de onte reuniuse a Comisión técnica de mellora continua dos procesos selectivos, da que forman parte as organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial de Sanidade, e que ten a encomenda de analizar e propoñer as melloras que sexan procedentes respecto á execución dos procesos de provisión de prazas.

Para concluír a súa intervención, a directora de Recursos Humanos do Sergas destacou que o obxectivo de estabilidade no emprego é para a Administración sanitaria galega unha directriz básica de planificación e ordenación dos recursos humanos do Sergas e, por iso, estamos a traballar pola estabilidade dos nosos profesionais e continuaremos a facelo na mellora continua dos procesos selectivos, en aras da transparencia, a obxectividade e a seguridade, -concluíu-.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar