A comunidade galega en Venezuela, preocupada pola situación política

O director xeral de Emigración, no plató da TVG.
O director xeral de Emigración, no plató da TVG.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou nunha entrevista na Televisión de Galicia a preocupación que vive a comunidade galega en Venezuela pola situación que do pais tras a morte de Hugo Chávez e a posta en marcha dun novo proceso electoral.

A esa preocupación hai que engadir a inseguridade que se vive  desde hai alomenos duas décadas en Venezuela, p0la alta criminalidade.

Rodríguez Miranda ten previsto desprazarse a ese país inmediatamente despois das eleccións, que se celebrarán a mediados de abril para coñecer a situación en detalle.

Por outra parte, o secretario xeral de Emigración afirmou que xa está en marcha o proceso de fusión dos numerosos centros galegos na diáspora para facelos máis efectivos no seu traballo.

A unión dos centros galegos será voluntaria pero recomendada desde a Xunta pola limitación dos recursos orzamentarios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar