Requisados 900 quilos de peixe e marisco nos últimos operativos contra o furtivismo

 

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron, nos últimos días, case 900 quilos de peixe e marisco e máis de 200 útiles de pesca. A iso súmanse dous vehículos, dúas embarcacións e 3.800 metros de artes de enmalle.

Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que destacou que a ría de pass4sure C2040-918 Arousa foi escenario de furtivismo mariscovarios operativos, que se saldaron co comiso de máis de 570 quilos de peixe e marisco e a incautación de dous barcos e un coche.

Nesta zona, a actuación máis significativa tivo lugar en Cambados (Pontevedra), pass4sure 00M-638 onde se requisaron 183 quilos de distintas especies, fundamentalmente vieira, e dúas embarcacións e un vehículo.

A maiores, na ría de Pontevedra, os axentes requisaron máis de 14 quilos de peixe e marisco, sobre todo polbo, xunto con 29 útiles de pesca e 1.200 metros de artes de enmalle.

PROVINCIA DA CORUÑA

Pola súa banda, na Coruña, comisáronse case 35 quilos de produtos do mar –na súa maioría, percebes–, 16 aparellos e 200 metros de artes de enmalle. E, en Ferrol, foron 80 os quilos de ameixa e percebe os requisados polos Gardacostas, que tamén se fixeron con 25 artes de pesca e un vehículo.

Na ría de Ares-Betanzos, os controis saldáronse coa aprehensión de 62 quilos de diversas especies, 38 útiles e 2.050 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante, en Gandarío, consistiu no comiso de 31 quilos de linguado e choco e 1.150 metros de trasmallos.

En paralelo, na Costa da Morte, as actuacións de Gardacostas remataron coa incautación de 72 quilos de peixe e marisco, 90 nasas de nécora e centolla e 350 metros de e trasmallos. Todos estes útiles foron requisados en Fisterra, onde tamén se comisaron 39 quilos, sobre todo de polbo.

Finalmente, na ría de Muros-Noia, os axentes conseguiron máis de 58 quilos, maioritariamente de centolla, e 11 útiles de pesca. Dous deles eran fusís de pesca submariña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar