López Abella reitera en Lugo o apoio da Xunta a Cáritas

VISITA DE A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE A LA SEDE DE CARITAS EN LUGO
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou o centro que Cáritas ten en Lugo, onde destacou que o Goberno galego seguirá apoiando programas como o que realiza Cáritas, agradecéndolle o esforzo e o traballo que día a día levan a cabo os voluntarios e profesionais que traballan no Centro.

Cáritas Lugo ten posto en marcha un programa dirixido á atención, información e asesoramento a mulleres que exercen a prostitución ou están en risco de exercela, mediante contacto permanente cas mulleres e o seu entorno familiar, elaboración de plans de intervencións personalizados, formación e alfabetización e reforzo escolar, e con actividades de grupo, charlas formativas, reunións periódicas e apoio ás necesidades básicas e emerxencias.

Segundo explicou os responsables de Cáritas á titular de Igualdade da Xunta, os obxectivos do programa son mellorar a calidade de vida das mulleres atendendo as súas necesidades básica, establecendo unha atención directa e personalizada e apoiando o proceso de inserción tendo en conta as dificultades de saúde, malos tratos e sobreexplotación.

López Abella visitou tamén as instalacións de Aliad-Ultreia que leva a cabo en colaboración con Cáritas o programa Donas, no que velan polos dereitos das mulleres vítimas de trata ou explotación sexual, e que ten entre os seus obxectivos a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a inserción de persoas en risco de exclusión social.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar