Aymerich renuncia oficialmente ao escano do BNG no Parlamento

Aymerich_rolda BNG
Carlos Aymerich presentou o seu escrito de renuncia na Cámara pass4sure CTAL-TA_Syll2012 autonómica polo que deixará o seu escano, obtido pola circunscrición da provincia de Pontevedra. Esta decisión será ratificada este martes ante a Mesa do Parlamento.

Desta forma, o parlamentario nacionalista, que ata agora exercía como pass4sure M2020-615 vicevoceiro do Grupo do BNG encabezado por Francisco Jorquera, deixa o seu posto polas discrepancias que mantén coa liña política da dirección da formación frentista, ratificada este domingo na XIV Asemblea Nacional na que Xavier Vence foi proclamado voceiro nacional.

O escrito, con data deste luns 18 de marzo, limítase a citar o artigo regulamentario polo que se fai expresa esta renuncia, apenas cinco meses despois das eleccións autonómicos, e que o propio Aymerich confirmou en días pasados.

Con todo, e malia as discrepancias, o propio deputado, líder do colectivo Abrente — no que se integran históricos como Camilo Nogueira ou Xesús Veiga–, afirmou este domingo que «o empeño» dos asinantes deste colectivo será «construír alianzas e converxencias», e, neste sentido, avogou por conseguir «candidaturas unitarias» nas próximas eleccións municipais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar