Alerta amarela no litoral da Mariña luguesa e da Coruña

O litoral da Coruña e o da Mariña luguesa estarán hoxe en alerta amarela por mar de fondo, con olas de tres a catro metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico adverso publicado por Meteogalicia, o mar de fondo continuará aínda chegando con alturas superiores aos catro metros nas primeiras horas, tendendo a diminuír co paso das horas.

Así, ata as 18.00 o aviso será amarelo no litoral coruñés e o da Mariña por mar de fondo do Noroeste, con olas de tres a catro metros de altura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar