O PP agarda que o Bloque se alonxe de Bildu

O PPdeG agarda que a nova dirección do BNG achegue o partido aos galegos e o alonxe das formacións máis radicais, como Bildu.
Ante a elección do novo voceiro do BNG, Xavier Vence, na XIV Asamblea de este partido, os populares galegos desexan que os cambios na directiva do Bloque non sexan os únicos que saian desta xuntanza.

A deriva radical do Bloque, ao que lle marcan o ritmo ERC, os independentistas vascos de Amaiur e agora tamén Bildu, non a soportan nin os que foron voceiros do BNG, como Carlos Aymerich, que abandonou recentemente o seu escano por non sentirse identificado coa senda que está tomando este partido e por considerar que camiña cara a “marxinalidade”.

Nos últimos tempos, o Bloque converteuse nun partido á deriva, coa constante sangría de afiliados que abandonan o partido e coas escisións de varias das correntes que aglutinaba e que saíron escaldadas ante a viraxe cara o radicalismo que se estaba tomando.

Con respecto a isto, os populares galegos cren que o Bloque ten que reflexionar sobre a conveniencia de comezar a chamarse UPG –a corriente máis radical que aglutinaba o partido e que se impuxo trala marcha dos escindidos- ou de empezar a denominarse ‘partido anteriormente coñecido como Bloque Nacionalista Galego’.

O Partido Popular de Galicia agarda que a nova dirección do Bloque decida abandonar a senda do radicalismo que non leva a ningunha parte e coa que os galegos tampouco se identifican, como quedou demostrado nas urnas o pasado 21 de outubro e como demostra a constante perda de afiliados do BNG.

A renovación que debe acometer esta formación, máis que de dirixentes debe ser sobre ideas e sobre os seus postulados políticos, e os populares agardan que atopen a fórmula para sintonizar con Galicia e cos principais problemas da sociedade.

Neste senso, os populares galegos cren que o BNG volverá fracasar se pasa de ser a comparsa do PSOE a ser unha mala copia do partido de Beiras.

Por outra banda, os populares galegos lamentan que o BNG só sexa capaz de encher os aforos dos seus actos cando convoca á súa militancia a cambiar de líderes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar