O DOG noutros formatos na web Abert@s

Os datos publicados no Diario Oficial de Galicia están xa dispoñibles no portal da Xunta Abert@s, co fin de que empresas e cidadáns que o desexen poden acceder a esta información en formatos abertos, o que permite web Abertosreutilizalos para crear diferentes aplicacións.

O acceso á información do DOG é posible mediante unha subscrición por RSS, un sistema sinxelo para que o usuario reciba directamente no seu dispositivo a información actualizada.

Esta é unha iniciativa Open Data de la Xunta, que se puxo en marcha hai un ano, e conta con máis de 250 conxuntos de datos en formatos abertos.

Son datos de carácter xeográfico, estatístico, meteorolóxico ou turístico xerados pola Administración galega, adaptados agora para ser empregados por terceiros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar