Servizo de alertas por SMS para víctimas de violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manterá unha reunión de traballo co vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manterá unha reunión de traballo co vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión de traballo co vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial Manuel Almenar e co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, no que abordaron, entre outros asuntos, a posta en marcha dun servizo de alertas a través de mensaxe telefónico para vítimas de violencia de xénero.

 

O novo servizo permite enviar mensaxes SMS aos teléfonos móbiles das vítimas, así como ás partes, informando de calquera acto procesual que poida afectar á súa seguridade, como o alcance e vixencia de medidas cautelares adoptadas, a situación penitenciaria do imputado ou condenado ou sobre o sobreseimento das actuacións que puidera acordarse.

Así mesmo, o servizo, que xa se empezou a usar nos xulgados de Vigo, tamén permite trasladar información sobre a data e lugar de celebración do xuízo oral ou sobre a sentenza recaída, tanto en primeira como en segunda instancia. Igualmente pode utilizarse para substituír calquera outra dilixencia telefónica que viñeran realizando coas partes, os seus representantes ou defensores.

O servizo de alertas, que tamén se pode realizar por correo electrónico e que despois dos casos de vítimas de violencia tamén se pode estender a outros ámbitos, permite enviar un texto específico da mensaxe ou tres textos predefinidos para a práctica de dilixencias habituais. Galicia é a primeira comunidade, xunto a Cataluña, en implantar este sistema de comunicación entre xulgados e cidadáns.

CONVENCIO DE DESAFUIZAMENTOS

Ademais deste asunto, na reunión se abordaron outros exemplos de colaboración entre a Xunta e a Administración de Xustiza en Galicia, como o convenio grazas ao cal levarase a cabo unha experiencia pioneira para apoiar aos que máis o necesitan nos casos de desafiuzamentos. Por este motivo, estiveron presentes ao comezo da xuntanza a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o presidente da Fegamp, José Manuel Rey, que tamén están implicados nesta iniciativa.

Trátase dun convenio que foi validado xa polo Consello da Xunta e se espera asinar antes de que remate este mes co Consello Xeral do Poder Xudicial. Grazas a este acordo establecerase un protocolo de actuación para que todos, dende os xuíces aos servizos sociais, actúen para darlle ás persoas en especial risco de exclusión e vulnerabilidade unha resposta das administracións sensible e adecuada ante o caso dun desafiuzamento.

VIDEOCONFERENCIAS NO CÁRCERE

Doutra banda, a Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial acordaron estender o sistema de videoconferencias nos centros penitenciarios, no relativo ás comunicacións, actuacións e comparecencias dos internos e presos preventivos que teñan que realizarse ante as oficinas xudiciais no marco dun proceso.

Esta iniciativa enmarcase nas medidas que esta a poñer en marcha o Executivo galego para modernizar tecnoloxicamente a Xustiza, a través das cales xa se teñen instalado numerosos equipos de videoconferencia nas salas de vistas dos xulgados para aforrar tempo e diñeiro nas comunicacións e facilitar o traballo dos profesionais da xustiza.

Coa súa incorporación ás cárceres galegas, ofrécese a xuíces, secretarios, fiscais e forenses a posibilidade de comunicarse e practicar dilixencias a través deste sistema, evitando os traslados innecesarios dos presos e xerando un importante aforro tanto en tempos como en custes.
Ademais, tamén aproveitouse a reunión para renovar o convenio de colaboración entre Xunta e CXPX para continuar a nosa colaboración en actividades de formación e perfeccionamento para os xuíces galegos. O financiamento será aportado a partes iguales por cada unha das partes -30.000 euros cada un- e levaranse a cabo numerosas actividades de formación, con especial atención a aquelas materias relacionadas co dereito autonómico, o dereito civil galego, a lingua galega, o dereito comunitario e en xeral todas aquelas normas con especial incidencia en Galicia.
Finalmente, Almenar avanzou que Galicia contará a partir do próximo 12 de abril con oito novos xuíces que servirán de reforzo en determinadas unidades. Seis destes novos xuíces terán un destino fixado -tres para a Sala do Social do TSXG, un no xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago e outros dous respectivamente aos xulgados do Social da Coruña e Vigo-, mentres que os outras dúas prazas estarán ao dispor do presidente do TSXG, que as poderá destinar a determinadas unidades que teñan un excesivo volume de traballo por causas temporais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar