O Parlamento pon en marcha a investigación sobre as caixas e as indemnizacións

Xunta portavoces

   O Parlamento de Galicia constituíu este xoves a comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros, así como as responsabilidades da actuación situación do sistema financeiro galego e as indemnizacións dos seus exdirectivos.

   Este órgano estará presidido polo deputado do PPdeG Miguel Santalices e a súa compañeira de grupo Isabel García Pacín encargarase da súa vicepresidencia. A maioría popular cedeu, coa súa abstención, a secretaría á parlamentaria socialista Carmen Gallego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar