Feijóo convida ao Papa «da quinta provincia galega» a visitar Galicia

 

Feijoo_rolda_140313

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a elección do novo Papa Francisco é «un motivo de alegría para toda a familia católica» e «dende logo» para el, polo que aproveitou a súa intervención pública tras o Consello da Xunta para «invitar» ao «Papa da quinta provincia galega», Arxentina, a visitar Santiago de Compostela e desexoulle «sorte e moitos acertos».
Núñez Feijóo, que confesou que seguiu «con moito interese» o proceso polo que se fixo público o nome do sucesor do Papa emérito Benedicto XVI mentres «preparaba o Consello», desexou «sorte e moitos acertos» ao Papa Francisco «en todas as cuestións pendentes» da Igrexa Católica. Tamén manifestou o seu desexo de que «siga loitando contra as inxustizas e contra a pobreza, e que teña eco na sociedade».
A liña seguido, destacou que se trata «do primeiro papa hispanoamericano» e resaltou que o feito de que sexa arxentino é «valioso» para Galicia posto que este país, no que residen 152.875 galegos de acordo cos últimos datos do padrón español de residentes no estranxeiro, é «a quinta provincia galego».
«Supoño que aos galegos o feito de que o papa sexa arxentino é algo que nos gusta, ao goberno dende logo que si e valorámolo», defendeu o presidente, quen considerou «evidente» que o pontífice «coñece ben a xente» da comunidade.
Así as cousas, ademais de ter «un recordo» para o Papa emérito, aproveitou para «invitar» o novo pontífice a visitar Santiago de Compostela e a coñecer Galicia, «a terra de miles de arxentinos galegos» ou descendentes de galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar