Ferrin oficializa a sua saída da Real Academia Galega

   O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín formalizou a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega e a súa marcha da institución, na celebración dun plenario extraordinario celebrado este mércores.

Así o confirmou en declaracións aos medios o propio Ferrín á súa saída da sede da RAG, en A Coruña, tras algo máis de dúas horas de reunión, quen alertou de que «hai forzas internas e externas que atentan contra ela», en alusión á institución, e que pretenden «desvirtuar» a súa razón de ser, «a defensa do idioma».

Ferrín alertou de que a RAG está «en perigo» e pediu o apoio do pobo e da cidadanía para que defenda esta entidade «das acechanzas que pesan» sobre ela».

Así mesmo, engadiu que a partir de agora se situará na súa «paisaxe natural». «Das agrupacións e asociacións culturais e políticas de esquerda nacionalista que si defenden o meu idioma». Á súa saída do acto, estivo acompañado doutros académicos como Manuel González, Xosé Luís Axeitos ou Darío Xoán Cabana, quen o abrazaron e desexaron sorte.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar