Pepe Domingo Castaño ingresado tras sufrir unha anxina de peito

 

Pepe Domingo Castaño permanece, dende finais da semana pasada, ingresado nunha clínica madrileña tras sufrir unha anxina de peito. O xornalista tivo que acudir a urxencias despois de sentir molestias no peito cando se encontraba ceando nun restaurante da capital. o servizo médico decidiu que Pepe Domingo debía quedar ingresado na UCI, onde aínda permanece, tras descubrir que sufrira unha anxina de peito. Esta é a razón pola que o locutor non puido asistir ao seu posto de traballo durante este último fin de semana.

O popular xornalista forma agora parte do equipo deportivo de Cope despois do cambio de rumbo que tomou a súa carreira tras a súa polémica saída da Ser. Pepe Domingo ten 70 anos e xa pedira ao equipo da emisora baixar o seu ritmo de traballo en numerosas ocasións. Foi o único que non asinou coa emisora por cinco anos, como fixeron os seus compañeiros. El fíxoo por tres.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar