O FROB aproba un protocolo de detección de fraude

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) aprobou o pasado venres un protocolo de detección de fraude, que se aplicará a partir de agora en todas as entidades onde ese organismo teña participación maioritaria e non só nas que actúe como xestor, e contratará avogados penalistas para analizar os expedientes onde haxa indicios de delito.

Así o anunciou este martes o ministro de Economía, Luis de Guindos, durante a súa comparecencia ante a comisión do ramo no Congreso, onde acudiu a petición propia para explicar as últimas fases do proceso de rescate bancario.

De Guindos apuntou que o venres o FROB contratará especialistas externos para que analicen as diferentes operacións que se autorizaron nas entidades onde se inxectara diñeiro público para detectar os posibles casos de fraude, e asegurou que «todas as operacións con indicios de delito serán analizadas por avogados penalistas contratados polo FROB» antes de remitilas ás instancias xudiciais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar