Xantar pecha con máis de 20.000 visitantes


A 14ª edición de Xantar 2013 pechou as súas portas este domingo en Ourense tras cinco días nos que máis de 20.000 persoas, segundo cifras da organización, pasaron por esta feira.

Segundo informa Xantar nun comunicado, este ano aumentaron o número de comidas e ceas ofrecidas polos 19 restaurantes ata alcanzar as 17.600.

Ao peche desta edición acudiron, entre outros, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández; o comité de executivo de Expourense, Celso Barbosa; ou o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez; quen valorou que a aposta pola hostalaría galega «lle dá luz» á gastronomía da Comunidade.

Durante este acto foron entregados os premios da primeira edición do concurso Prato Xantar, cuxos gañadores foron Irene Mato e Javier García, de Silleda, que realizaron en equipo a receita ‘Troita rechea sobre tosta de pan de castañas acompañada de crema de queixo, crocante de lacón e escuma de grelos,».

Ao longo destas xornadas realizáronse máis de 30 catas comentadas de
produtos como viño, mel ou queixo; e un total de 25 exhibicións de
cociña en directo. Ademais, esta edición de Xantar tivo un gran protagonismo a comida proveniente de Portugal e Perú.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar