Homenaxe do Concello a tres mulleres compostelás

AQUÍ, currriculum das homenaxeadas

 

A concelleira de Muller, María Castelao, presidiu o acto de homenaxe a tres mulleres -Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras- en recoñecemento ao seu esforzo no mantemento das tradicións culturais, do pequeno comercio e da hostalería, respectivamente. Esta cerimonia formou parte dos actos con motivo do Día Internacional da Muller.

«Neste día premiamos, homenaxeamos, pero sobre todo salientamos o longo camiño que aínda nos queda por percorrer no que aos dereitos da muller se refire», indicou a concelleira ao comezo da súa intervención, na que estendeu a homenaxe a estas tres mulleres a tódalas compostelás. «E non só a aquelas que como Carmen, Monste e Mari Carmen tiveron a valentía no seu momento de afrontar novos proxectos de emprendemento, de estímulo para cidades coma Compostela, que ve como o seu día a día discorre entorno a súa hostalería, o comercio e como non, a cultura e tradición», dixo, senón tamén a «aquelas mulleres que non realizan traballos remunerados, fundamentais na sociedade actual, como as avoas, as pacientes coidadoras, xa sexan nais, tías… e moitas outras mulleres».

María Castelao recordou a esas mulleres que, no pasado, «foron as que levaron nos seus ombros a responsabilidade de sacar adiante as súas familias cando o home traballaba fóra da casa e non existían políticas de igualdade. Non se coñecía o termo conciliación, eran outros tempos, afortunadamente, superados».

A edil tamén aproveitou o acto para «agradecer o traballo feito dende o Departamento de Servizos Sociais que, canalizado mediante o Centro de Información a Muller, loita día a día, a pe da realidade, aunando esforzos en beneficio de tantas e tantas mulleres».

As tres homenaxeadas recibiron as medallas elaboradas especialmente para esta conmemoración polo ourive Fernando Mayer e que levan impresa unha frase de Concepción Arenal: «Todas as cousas son imposibles mentres o parecen».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar