Ferrín podería cambiar de opinión e seguir á fronte da Academia

  O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, admitiu este sábado que «sempre se pode cambiar de opinión», ao ser preguntado polos xornalistas sobre a posibilidade de que dea marcha atrás na súa intención expresada de dimitir debido ás críticas dalgúns académicos.

E, cuestionado sobre si o apoio recibido nas últimas xornadas por académicos como Manuel Rivas ou Darío Xohán Cabana fará que reconsidere o seu futuro, o presidente da RAG limitouse a dicir que «pode ser». «Quizais, maybe ou perhaps, estamos nun país plurilingüe, ou non?», ironizou.

Finalmente, aínda que rexeitou aclarar si a deste sábado será a última celebración da Academia que presida, asegurou que «é un día difícilmente esquecible», xa que «entra un amigo», o escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, como académico de número.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar