Pachi Vázquez rende homenaxe floral a Concepcion Arenal e denuncia un «engano masivo» de Feijóo

Homenaxe a Concepción Arenal fronte ao Pazo de Xustiza de Ourense

 

O secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, afirmou este venres, en relación aos cen primeiros días do segundo Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo, que o presidente galego adiantou sete meses as últimas eleccións autonómicas para implantar un «engano masivo».
Vázquez colocou este venres unha coroa de flores ante a estatua de Concepción Arenal nunha praza de Ourense en homenaxe ao Día Internacional da Muller, tralo que aludiu aos cen primeiros días de Feijóo do seu segundo mandato.
«Todos os galegos temos na boca tres palabras para definir este período inicial de Feijóo e son: paro, corrupción e engano sistemático», manifestou a preguntas dos medios.
«Si non recorden, dixo que non tocaría os salarios dos funcionarios, que non habería copago sanitario, que os inversores de Novagalicia Banco recibirían todo o seu diñeiro das preferentes ou, en Ferrol, que habería un dique flotante, entre outras», relatou.
Segundo indicou Vázquez, houbo un adianto electoral para enganar a todos os galegos. «Os que queremos novas políticas temos que loitar pola ilusión e esperanza neste país», manifestou tralo periodo transcorrido logo das últimas eleccións autonómicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar