Rueda destaca a importancia da gastronomía na apertura de «Xantar»

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou a importancia da gastronomía galega coma referente da nosa cultura e coma un dos principais reclamos para os turistas que se acercan á nosa comunidade.

Alfonso Rueda inaugurou hoxe o XIV Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar 2013), no Recinto Feiral de Expourense, acompañado da directora da Axencia de Turismo, Nava Castro, onde resaltou a importancia destes certames que ofrecen grandes oportunidades para o sector gastronómico galego e que se configura coma un elemento dinamizador para a economía galega.

 

 

Na súa intervención, Alfonso Rueda destacou que a calidade da nosa gastronomia é un factor que identifica a Galicia, tanto a nivel nacional coma internacional, e que ademais é parte esencial da nosa cultura. A nosa gastronomia é un dos principias reclamos para que os turistas veñan a Galicia, pero tamén é un dos nosos mellares embaixadores para dar a coñecer Galicia no exterior, indicou o vicepresidente.

Rueda resaltou que grazas á nosa gastronomía, a través da nosa agricultura, gandería e pesca, Galicia ten un sector primario capaz de ofrecer productos únicos cunha calidade diferenciada, e que ofrecen fora das nosas fronteiras a mellor imaxe de Galicia nos mercados exteriores.

Polo que, segundo destacou Rueda, o goberno galego apoia o principal obxectivo deste Salón coma promotor da cultura da calidade na gastronomía e posicionala así coma un dos reclamos turísticos mais importantes, fomentando tamén o turismo interno de Galicia e das rexións cercanas coma Asturias, Castela-León e o Norte de Portugal.

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou durante a súa intervención no acto inaugural a importancia desta cita gastronómica para promover e difundir a cociña galega e aos profesionais do sector; así como para intercambiar a cultura culinaria con outros países e rexións. Do mesmo xeito, incidiu na aposta de Turismo de Galicia polo sector turístico. “Somos a comunidade do Estado que máis aposta polo turismo”, recalcou.

Nava Castro incidiu tamén en que a gastronomía é a segunda motivación pola que os turistas escollen Galicia como destino e en que Galicia ocupa o quinto lugar de España en número de restaurantes con Estrella Michelin. Do mesmo xeito, recalcou que ocupamos a séptima posición do Estado no tocante á restaurantes distinguidos con Soles Repsol e no relativo a número de distincións. Con 5 establecementos máis que en 2012, Galicia conta con 48 establecementos de restauración co distintivo Q de Calidade Turística. Castro explicou que a calidade e a formación son fundamentais á hora de posicionar un destino enogastronómico.

 

Xantar 2013
Esta XIV edición convoca a 153 expositores que ocuparán arredor de 12.000 metros cadrados de superficie. Os expositores proceden maiormente de Galicia, e de Portugal, Asturias, Andalucía, Castela e León, e Perú, que será o pais invitado nesta edición e que grazas á súa presenza contribuirá a fomentar a cooperación iberoamericana creando redes turísticas e culinarias, e que estará representado en Xantar polas Municipalidades de Ate e Carabayllo, ubicadas na provincia de Lima, e que teñen a Comisión de Promoción do Perú para la Exportación e o Turismo, PROMPERÚ.

Os obxectivos principias de Xantar 2013 son promover o turismo a través da gastronomía, exaltar as festas gastronómicas, reforzar a oferta gastronomita ligada ao turismo rural, e servir coma plataforma para os productos agrogandeiros e pesqueiros de calidade das distintas denominacións de orixe.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar