Galicia está pendente dos 45 mil galegos en Venezuela

Irmandade Galega de Caracas, o centro galego por excelencia da comunidade.

A Xunta fixo público un comunicado co quere transmitir o seu respecto ao pobo venezolano tras o pasamento do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, e «desexa que o período extraordinario que se abre naquel país frutifique nun futuro próspero para todas e todos os seus habitantes», ademáis de comprometer unha comunicación permanente coa colonia galega.

O Goberno galego «reitera o seu profundo respecto e afecto por un pobo e unha terra na que se teñen asentado, segundo os últimos datos do Padrón Español de Residentes no Estranxeiro, 44.891 galegos». A cifra que cita a Xunta equivale ao  10%  do total de residentes no exterior.

Venezuela  é, tras a República Arxentina, o segundo país do mundo con maior presenza de emigrantes galegos.


COMUNIDADE GALEGA

A morte do presidente de Venezuela durante os últimos 14 anos, Hugo Chávez, está a acrecentar a preocupación que xa se detectaba entre a a ampla comunidade galega residente no país, e especialmente na sua capital, Caracas.

Ese é o ambiente que se percibe con carácter xeral en contactos mantidos con esta redacción con algunhas das numerosas entidades galegas caraqueñas, especialmente entre responsables da Irmandade Galega, o centro neurálxico dos galegos de primeira xeración e dos seus descendentes.

Nesta entidade, a maior parte das persoas consultadas que a preocupación xa existía pero que agora víuse agravada pola proceso de relevo, que, por indicación da Constitución, debería corresponder ao presidente do Parlamento, pero as últimas declaracións de Chávez apuntaban ao seu vicepresidente, Nicolas Maduro.

A Irmandade Galega é, precisamente, un dos poucos lugares seguros da capital venezolana -na que diariamente se contabiliza un mínimo de vinte mortes violentas- ata o punto de ser punto de encontro de fín de semana para milleiros de integrantes e de contar, no día a día, co funcionamento dun centro educativo e unas instalacións hospitalarias específicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar