Parlamento: a Xunta de Portavoces anuncia a comisión sobre a corrupción

O acordo tomouse na Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia

A comisión de estudo para a prevención da corrupción do Parlamento de Galicia arrincará o vindeiro xoves día 14 coa súa constitución formal, tras o que se decidirá o plan de traballo e as comparecencias.

Este órgano parlamentario activarase despois de que este martes, na Xunta de Portavoces, os votos do PP negaran a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foi demandada pola oposición en bloque e que tiña como obxectivo que se explicase o impacto dos casos de «corrupción» na economía e sociedade galegas.

A Cámara autonómica creou esta comisión, que ten como fin elaborar un plan de medidas de prevención da corrupción política, fai agora un mes, a proposta do PSdeG, facéndose eco da formulación realizada, tamén en sé parlamentaria, do titular da Fiscalía galega, Carlos Varela, que considerou «imprescindible» poñer en marcha plans de prevención da corrupción.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar