Requisada media tonelada de marisco procedente do furtivismo

 

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, realizaron varios operativos contra o furtivismo nos últimos días que se saldaron con 68 persoas que estaban a exercer a actividade furtiva e coa aprehensión de 552 quilos de marisco, dous vehículos, unha embarcación e 51 aparellos de pesca.

Segundo informa a Xunta, nas zonas da Torre e de Bodión, no municipio de Rianxo (A Coruña), en colaboración coa Policía Autonómica, foron identificadas 14 persoas que mariscaban ilegalmente e requisóuselles 30 quilos de ameixa babosa e dous sachos.

Na praia de Mañóns, na localidade coruñesa de Boiro, os inspectores da Xunta e Garda Civil identificaron 24 persoas e interviñeron dous vehículos, 40 quilos de ameixa babosa, 13 quilos de ameixa fina de talle ilegal, 10 quilos de ameixa japónica e catro quilos de longueirón vello.

Noutra actuación levada a cabo polos Gardacostas, o Seprona e a Garda Civil de Tráfico na ponte internacional de Tui inspeccionáronse 17 vehículos e interviñéronse 290 quilos de ameixa xapónica procedente de Portugal, a carecer de documentación que amparase a súa procedencia e legalidade.

A CORUÑA E FERROL

Mentres, en A Coruña foi requisado unha embarcación, 13 quilos de percebe, 33 quilos de ourizo e tres traxes de mergullo. Na zona do Percebe os gardacostas e a Policía Autonómica identificaron sete persoas e comisaron 19 quilos de percebe.

Por último, nas zonas de Cabana, A Malata, O Couto e nas lonxas de Ferrol e Barallobre, os axentes expulsaron a 56 furtivos e identificaron a 23 deles. Ademais, interviñeron uns 100 quilos de ameixa babosa e 46 aparellos de pesca, a maioría sachos e caldeiros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar recorda á cidadanía que o consumo de marisco extraido e comercializado de modo ilegal «pode supoñer risco para a saúde» ao non pasar ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide o consumidor que «non compre produto fóra das canles legais» de comercialización.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar